Desde a primeira edición en Coruxo (Vigo) o 20 de xaneiro,
"Arte no queimado" foi medrando como un acto de solidariedade artística e toma de conciencia ecolóxica. Seguindo esa liña de creación espontánea celebráronse varios eventos solidarios entre artistas, que percorreron algunhas das parroquias afectadas por a vaga de incendios forestais que asolaron Galicia o pasado mes de outubro. Valadares, Sabarís,
Vila Nova de Cerveira (Portugal) e finalmente
Camos (Nigrán) son até agora as referencias dunha iniciativa promovida polo artista
Juan Coruxo, que grazas ao apoio das diferentes Comunidades de montes, Concellos e á
Fundação Bienal de Arte de Cerveira, no caso de Portugal, levaron a bo termo un proxecto cultural e social solidario cos municipios máis afectados polos incendios.
Aquí vos deixo algunhas imaxes da última xornada artística celebrada o sábado 21 de abril en Camos.
|
Un detalle da miña intervención en madeira queimada. |
|
Segunda intervención, pintura sobre madeira queimada. |