Labels

30 April 2018

"Paisaxe matriz II" seleccionada para a XX Bienal Internacional de Arte de Cerveira

"Paisaxe matriz II" by Alfonso Vicente Rey
"Paisaxe matriz II" foi seleccionada para formar parte da XX Bienal Internacional de Arte de Cerveira. En total foron escollidas 162 obras de 143 artistas. Obrigado pela seleção!

26 April 2018

"Arte no queimado" arte solidaria contra o lume

Desde a primeira edición en Coruxo (Vigo) o 20 de xaneiro, "Arte no queimado" foi medrando como un acto de solidariedade artística e toma de conciencia ecolóxica. Seguindo esa liña  de creación espontánea celebráronse varios eventos solidarios entre artistas, que percorreron algunhas das parroquias afectadas por a vaga de incendios forestais que asolaron Galicia o pasado mes de outubro. Valadares, Sabarís, Vila Nova de Cerveira (Portugal) e finalmente Camos (Nigrán) son até agora as referencias dunha iniciativa promovida polo artista Juan Coruxo, que grazas ao apoio das diferentes Comunidades de montes, Concellos e á Fundação Bienal de Arte de Cerveira, no caso de Portugal, levaron a bo termo un proxecto cultural e social solidario cos municipios máis afectados polos incendios.
Aquí vos deixo algunhas imaxes da última xornada artística celebrada o sábado 21 de abril en Camos.

Un detalle da miña intervención en madeira queimada.

Segunda intervención, pintura sobre madeira queimada.