Labels

26 September 2017

Experiencias nos "Ateliers Livres de Gravura e Serigrafia" da XIX Bienal Internacional de Arte de Cerveira

Grata experiencia no "Atelier de gravura" que tiven a sorte de orientar durante a pasada edición da XIX Bienal Internacional de Arte de Cerveira, do 4 ao 15 de agosto. Foi unha boa oportunidade para compartir algúns coñecementos básicos sobre o gravado coas persoas que se achegaron ás oficinas da Fundação e tamén unha sorte coñecer a un gran artista da serigrafía e o gravado como William A. Obrigado!  

William A. - (Atelier de Serigrafia)
Alfonso Vicente Rey - (Atelier de Gravura)

18 August 2017

"Aquarte" Projeto Internacional no Centro Cultural Português Camões de Vigo

O pasado 2 de agosto, inaugurouse no Instituto Camões de Vigo a exposición "Aquarte - Uma mirada galico-portuguesa sobre o rio Minho 2017", un dos polos expositivos que forman parte da XIX Bienal Internacional de Arte de Cerveira. Permanecerá aberta ao público até o 15 de setembro.
Máis fotos da inauguración aquí.

1 June 2017

Mural colectivo de azulexos no Fórum Cultural de Cerveira

O pasado sábado 22 abril, no Fórum Cultural de Cerveira, participei xunto con outros 10 artistas (Augusto Canedo, Cabral Pinto, Irene Silva Xiráldez, Henrique Silva, Henrique Do Vale, Margarida Leão, Maria Melo, Nerea Castro, Ricardo de Campos e Tiago Taron) na realización dun mural de pintura colectiva de azulexos, que será instalado no viaduto da Estrada Nacional 13, en Vila Nova de Cerveira.
Máis imaxes no link da Fundação Bienal de Arte de Cerveira.

16 April 2017

"Espantando a chuvia"

Linogravado para a exposición "Espantallos do vento no Camiño", Mercado de Tomiño.
Até o 30 de abril en horario habitual do mercado.