Labels

28 May 2018

Obradoiro creativo de selos estampables

Dentro das actividades da Omix A Guarda, o sábado 26 de maio realizouse un Obradoiro creativo de selos estampables. Tiven a satisfacción de orientar durante tres horas sobre os procedementos básicos do tallado en relevo aplicado a tacos de goma, que posteriormente serían estampados como selos personalizados polos alumnos, neste caso alumnas na súa totalidade. Foi unha actividade moi gratificante que agardamos repetir. Aquí van algunhas imaxes do traballo.







 

30 April 2018

"Paisaxe matriz II" seleccionada para a XX Bienal Internacional de Arte de Cerveira

"Paisaxe matriz II" by Alfonso Vicente Rey
"Paisaxe matriz II" foi seleccionada para formar parte da XX Bienal Internacional de Arte de Cerveira. En total foron escollidas 162 obras de 143 artistas. Obrigado pela seleção!

26 April 2018

"Arte no queimado" arte solidaria contra o lume

Desde a primeira edición en Coruxo (Vigo) o 20 de xaneiro, "Arte no queimado" foi medrando como un acto de solidariedade artística e toma de conciencia ecolóxica. Seguindo esa liña  de creación espontánea celebráronse varios eventos solidarios entre artistas, que percorreron algunhas das parroquias afectadas por a vaga de incendios forestais que asolaron Galicia o pasado mes de outubro. Valadares, Sabarís, Vila Nova de Cerveira (Portugal) e finalmente Camos (Nigrán) son até agora as referencias dunha iniciativa promovida polo artista Juan Coruxo, que grazas ao apoio das diferentes Comunidades de montes, Concellos e á Fundação Bienal de Arte de Cerveira, no caso de Portugal, levaron a bo termo un proxecto cultural e social solidario cos municipios máis afectados polos incendios.
Aquí vos deixo algunhas imaxes da última xornada artística celebrada o sábado 21 de abril en Camos.

Un detalle da miña intervención en madeira queimada.

Segunda intervención, pintura sobre madeira queimada.









3 January 2018

"Lepus et Corvus". Pintura em conjunto com Ricardo de Campos



En compañía do artista Ricardo de Campos na súa exposición "Apropriação, Acumulação, Anulação" no Fórum Cultural de Cerveira.
"Lepus et Corvus" foi o resultado da colaboración co artista Ricardo de Campos, unha obra que acabou formando parte, in extremis, da grande exposición individual que xa fora inaugurada o pasado 11 de novembro na Sala principal do Fórum Cultural,  "Apropriação, Acumulação, Anulação".
Obrigado!

30 December 2017

"Boega III" seleccionada no I Certame de arte Plastika 17

Organizado por Apo'strophe Sala de Arte, a selección de 21 obras do I Certame de Arte Plastika 17, poderase visitar no CC Praza Elíptica de Vigo ata o 12 de xaneiro de 2018, de luns a sábado en horario de 18:00 a 21:00.

Boega III