Labels

13 August 2020

Xilografía: "Sindicato de Pintores y Escultores"

"Sindicato de Pintores y Escultores" 

Xilografía, papel  Fabriano Rosaspina branco 220 g/m2, 70 x 100 cm, mancha 56 x 79 cm. 

Alfonso Vicente Rey (2020)


 
 

"Sindicato de pintores y escultores"
xilografía, 2020

Estampa (detalle)


Matriz
Matriz (detalle)



3 April 2020

"Paisaxe matriz II" no III Certame de Arte Internacional PLASTIKA19

"Paisaxe matriz II" foi seleccionada na recente edición de Plastika19, o terceiro Certame Internacional de Arte organizado por Apo'strophe.arte. Esta vez, a exposición foi trasladada ás instalacións do Museo do Mar de Galiza, en Alcabre, Vigo. Puido ser visitada desde o 4 de decembro de 2019 até o 11 de xaneiro de 2020. Aquí vai unha escolla de imaxes.


"Paisaxe matriz II"











28 October 2019

Deseño para "De barrio", un filme de Xurxo Chirro


Deseño do cartel para o filme De barrio, de Xurxo Chirro que foi seleccionado recentemente na 57ª Edición do Festival Internacional de Cinema de Xixón e no Festival Internacional de Cine Mar del Plata, en Arxentina. No enlace máis información sobre De barrio.

16 August 2019

"Natureza gráfica" en Apo'strophe.arte






Até o 30 de agosto poderase visitar na sala anexa da galería Apo'strophe de Vigo (CC Praza Elíptica) a exposición de gravados "Natureza gráfica".
Máis información no enlace de Faro de Vigo.

24 April 2019

Inauguración de "Plastika 18" na Facultade de BBAA de Pontevedra

"Rede" foi seleccionada no II Certame de Arte Plastika 18, organizado por Apo'strophe.arte. Esta segunda edición trasladouse á sala de exposicións da Facultade de BBAA de Pontevedra e á sala da Escola Superior de Conservación e Restauración. A inauguración celebrouse o 4 de abril e poderase visitar até o vindeiro 10 de maio. Aquí vai unha selección de imaxes.

"Rede"











 







24 March 2019

"Natureza gravada" exposición en Monção


"Natureza gravada" é o título da exposición que se inaugurou o pasado 2 de marzo no Cine Teatro João Verde de Monção. Trátase dun conxunto de 22 obras, xilografías na meirande parte, a veces combinadas con outras técnicas e recursos gráficos, onde a natureza e a paisaxe constitúen a temática principal.
A exposición poderase visitar até 20 de abril, de segunda a sexta feira de 9h a 18h (horario local), fin de semana durante horario de cinema. Podes consultar máis información no seguinte enlace: Programa Cine Teatro João Verde.