Labels

30 April 2018

"Paisaxe matriz II" seleccionada para a XX Bienal Internacional de Arte de Cerveira

"Paisaxe matriz II" by Alfonso Vicente Rey
"Paisaxe matriz II" foi seleccionada para formar parte da XX Bienal Internacional de Arte de Cerveira. En total foron escollidas 162 obras de 143 artistas. Obrigado pela seleção!

26 April 2018

"Arte no queimado" arte solidaria contra o lume

Desde a primeira edición en Coruxo (Vigo) o 20 de xaneiro, "Arte no queimado" foi medrando como un acto de solidariedade artística e toma de conciencia ecolóxica. Seguindo esa liña  de creación espontánea celebráronse varios eventos solidarios entre artistas, que percorreron algunhas das parroquias afectadas por a vaga de incendios forestais que asolaron Galicia o pasado mes de outubro. Valadares, Sabarís, Vila Nova de Cerveira (Portugal) e finalmente Camos (Nigrán) son até agora as referencias dunha iniciativa promovida polo artista Juan Coruxo, que grazas ao apoio das diferentes Comunidades de montes, Concellos e á Fundação Bienal de Arte de Cerveira, no caso de Portugal, levaron a bo termo un proxecto cultural e social solidario cos municipios máis afectados polos incendios.
Aquí vos deixo algunhas imaxes da última xornada artística celebrada o sábado 21 de abril en Camos.

Un detalle da miña intervención en madeira queimada.

Segunda intervención, pintura sobre madeira queimada.









3 January 2018

"Lepus et Corvus". Pintura em conjunto com Ricardo de Campos



En compañía do artista Ricardo de Campos na súa exposición "Apropriação, Acumulação, Anulação" no Fórum Cultural de Cerveira.
"Lepus et Corvus" foi o resultado da colaboración co artista Ricardo de Campos, unha obra que acabou formando parte, in extremis, da grande exposición individual que xa fora inaugurada o pasado 11 de novembro na Sala principal do Fórum Cultural,  "Apropriação, Acumulação, Anulação".
Obrigado!

30 December 2017

"Boega III" seleccionada no I Certame de arte Plastika 17

Organizado por Apo'strophe Sala de Arte, a selección de 21 obras do I Certame de Arte Plastika 17, poderase visitar no CC Praza Elíptica de Vigo ata o 12 de xaneiro de 2018, de luns a sábado en horario de 18:00 a 21:00.

Boega III









26 November 2017

"Mostra XIX Bienal Internacional de Arte de Cerveira" na Sala X da Facultade de Belas Artes de Pontevedra

A Sala X – Sala de Exposicións do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo inaugurou, o passado día 17 de novembro, unha selección de 26 obras presentadas na XIX Bienal Internacional de Arte de Cerveira. Entre as obras selecionadas figura o meu traballo "Retratos familiares". A exposición poderase visitar até 17 de decembro.
Artistas representados: Alexandra de Pinho (PT), Alfonso Vicente Rey (ES), Beatriz Cunha (PT), Cristóbal (PE), Filipe Rodrigues (PT), Henrique Do Vale (AO), Maria Melo (PT), Mariola Landowska (PL), Raquel Gralheiro (PT), Elsa César (PT), Henrique Silva (PT), Bruno Caracol (PT), Edu (ES), Fran Orallo (ES), Inês Norton (PT), Lealveileby (PT & SE), Marcos Bonisson e Khalil Charif (BR), Miguel Ángel Rego (ES), Pedro Sena Nunes (PT), Raylander Mártis (BR), Tânia Dinis (PT), Ximena Velásquez Sánches (CO)

Retratos familiares

Un momento do acto inaugural. Vice-presidente da FBAC, Nuno Correia; Coordenador artístico e de produção da FBAC, Cabral Pinto; Vicerreitor do Campus, Juan Manuel Corbacho; Decana da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Silvia García; e Adjunto do Presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Pedro Soares.






Retratos familiares








Universidade de Vigo
Sala X