Labels

26 January 2019

Lugar(es), exposición colectiva

Sala de exposiciones Facultad de Bellas Artes Universidad Complutense de Madrid
(14 – 30 de enero de 2019)


"Lugar(es) es una exposición colectiva que reúne el trabajo de un grupo de artistas en lo que es un acercamiento ecléctico y heterogéneo a la idea de paisaje. Desde la representación de los lugares físicos hasta la exploración de los espacios mentales, pasando por áreas afectivas como la familia, se ha elaborado un relato con tantas ramificaciones como piezas figuran en la muestra. En total se trata de la obra de 26 autores y autoras, un conjunto formado por artistas profesionales y alumnado de la Facultad de Bellas Artes junto a una pequeña representación del profesorado del propio centro. Esta combinación responde al interés por potenciar tanto la creación artística interdisciplinar como la integración de los alumnos y alumnas de la Universidad Complutense en el tejido artístico profesional."

Comisario: Juan Gil Segovia (Profesor del Departamento de Pintura y Conservación-Restauración).

Artistas Participantes: Alfonso Vicente Rey, Alfredo Omaña, Alicia Cadenas Martínez, Álvaro Caballero Jarnés y Raquel Atanes Rodríguez, Ana Alborés Prejigueiro, Arturo Alarcón AA, Carmen B. Mike, Clara Isabel Arribas Cerezo, Dolores Fernández, Javier Gil Muñiz, José Antonio Arribas, José María Benéitez, José María Marbán, Juan Gutiérrez Solana, Lucas Marcos Barquilla, Mara Sancho Almunia, Mariano Olcese Segarra, Marina Holguín Radigales, Mauro Hernández Tadeo, Óscar Parasiego, Paloma Peláez Bravo, Paula Rodríguez Magro, Pilar Duque, Rodrigo Moreno, Sandra Malvar y Yi Ten Lai Fernández.

Reseña sobre a exposición aquí.
Autora do cartel: Carmen Morcuende

"Paisaxe" e "Boega III" na sala de exposicións da Facultade de BBAA da Complutense, Madrid.
(Foto: Clara Isabel Arribas e Juan Gil Segovia)

Detalle da exposición (Foto: Clara Isabel Arribas e Juan Gil Segovia)

(Foto: Clara Isabel Arribas e Juan Gil Segovia)

Vista parcial da exposición Lugar(es). (Foto: Clara Isabel Arribas e Juan Gil Segovia)

(Foto: Rodrigo Flechoso)
Máis fotos da exposición no seguinte enlace: LUGAR(ES)

21 December 2018

Exposição colectiva de Natal na Galeria Porto Oriental

S/T augaforte IV

Detalle da exposición na Galeria Porto Oriental.
"S/T augaforte IV" estará presente na Exposição colectiva de Natal da Galeria Porto Oriental, de 8 de decembro de 2018 a 12 de xaneiro de 2019. Poderase visitar de terça-feria a sábado en horario de 15h a 19h. Rua Barros Lima 851, 4300-063 Porto (Portugal). Enlace á Galeria Porto Oriental.

6 July 2018

Deseño do cd "De vila en vila" para o grupo Lirolai

Aquí van algunhas imaxes do deseño que realicei para o cd "De vila en vila", o segundo traballo discográfico de Lirolai, un grupo galego de música tradicional.
facebook.com/grupolirolai

                                 

  




28 May 2018

Obradoiro creativo de selos estampables

Dentro das actividades da Omix A Guarda, o sábado 26 de maio realizouse un Obradoiro creativo de selos estampables. Tiven a satisfacción de orientar durante tres horas sobre os procedementos básicos do tallado en relevo aplicado a tacos de goma, que posteriormente serían estampados como selos personalizados polos alumnos, neste caso alumnas na súa totalidade. Foi unha actividade moi gratificante que agardamos repetir. Aquí van algunhas imaxes do traballo.







 

30 April 2018

"Paisaxe matriz II" seleccionada para a XX Bienal Internacional de Arte de Cerveira

"Paisaxe matriz II" by Alfonso Vicente Rey
"Paisaxe matriz II" foi seleccionada para formar parte da XX Bienal Internacional de Arte de Cerveira. En total foron escollidas 162 obras de 143 artistas. Obrigado pela seleção!

26 April 2018

"Arte no queimado" arte solidaria contra o lume

Desde a primeira edición en Coruxo (Vigo) o 20 de xaneiro, "Arte no queimado" foi medrando como un acto de solidariedade artística e toma de conciencia ecolóxica. Seguindo esa liña  de creación espontánea celebráronse varios eventos solidarios entre artistas, que percorreron algunhas das parroquias afectadas por a vaga de incendios forestais que asolaron Galicia o pasado mes de outubro. Valadares, Sabarís, Vila Nova de Cerveira (Portugal) e finalmente Camos (Nigrán) son até agora as referencias dunha iniciativa promovida polo artista Juan Coruxo, que grazas ao apoio das diferentes Comunidades de montes, Concellos e á Fundação Bienal de Arte de Cerveira, no caso de Portugal, levaron a bo termo un proxecto cultural e social solidario cos municipios máis afectados polos incendios.
Aquí vos deixo algunhas imaxes da última xornada artística celebrada o sábado 21 de abril en Camos.

Un detalle da miña intervención en madeira queimada.

Segunda intervención, pintura sobre madeira queimada.